Renovacións Escolas Deportivas Municipáis 2024 - 2025
Prazo de renovación do 2 ao 27 de maio
A renovación da matrícula vai dirixida a todo o alumnado matriculado e asistente nas EDM no curso 2023-24 que desexe renovar a súa matrícula para o vindeiro curso 2024-2025 con asistencia igual ou maior a un 60% tanto no caso das actividades xestionadas directamente polo SMD do Concello da Coruña así como polas concesionarias do Complexo Deportivo de San Diego e do Club do Mar de San Amaro.
A renovación realizarase na actividade, no grupo e horario no que se estea inscrito/a no curso 2023-24. O SMD poderá cambiar a denominación dos grupos co fin de ordenar a oferta das EDM. Neste caso, cada persoa quedará adscrita a un grupo equivalente ao que estaba matriculada.
Considerarase a idade referida á data 31 de decembro de 2024.
Máis información na web do concello aquí