Nota informativa xuño 2024
Pases temporais e acceso á cafetería
A partir do 01 de xuño os non socios non poderán acceder á cafetería, salvo que sexa un evento solicitado e aprobado por Xunta Directiva.
Isto cambia a partir do 01 de xullo que só se poderá acceder á cafetería en eventos que sexan de noite (ceas).
Cada unidade familiar poderá adquirir un pase temporal para un máximo de dous convidados rexéndose por la seguinte normativa:
1. O soci@ terá que solicitar o pase cuns días de antelación mediante solicitude impresa ou no correo correo@clubdelmardesanamaro.com
2. O soci@ farase responsable do uso das instalacións por parte dos seus convidados.
3. O número de pases solicitados por unidade familiar no poderá superar os 15 días por ano.
4. As tarifas a aplicar son:
Maiores de 18 anos: 15 €/día
Menores de 18 anos: 10€/día
Os pases dan acceso a todas as instalacións do Club del Mar de San Amaro excepto á Piscina Municipal, que se facturará segundo as tarifas vixentes do Concello de A
Coruña.
Os beneficiarios destes pases que sexan menores de idade, accederán e permanecerán en todo momento xunto ao socio, que será responsable do cumprimento desta normativa por parte do seu invitado.