LXXXVIII Aniversario del Club del Mar de San Amaro
Recepción de soci@s homenaxeados
Este vindeiro venres 8 de setembro o Club do Mar de San Amaro festexa o seu 88º aniversario ás 19:45 horas da tarde onde farase entrega das insignias honorarias a 10 socios do club que levan cincuenta anos de actividade ininterrompida a bordo da sociedade.
Unha emotiva cita á que están convidados o resto de soci@s que celebrarán o aniversario da entidade. O evento que contará cun discurso do Presidente, estará amenizado polo grupo Amizades e para finiquitalo haberá un ágape para os homenaxeados e invitados.
Ao acto presidido por Alberto Santalla asistirán varios Ex-Presidentes do clube así como o Concelleiro de Deportes don Manuel Vázquez, don Gonzalo Trenor Delegado Territorial da Xunta de Galicia, don Miguel Lorenzo Concelleiro do Partido Popular Coruña, don Roberto García Delegado Provincial de Deportes da Xunta de Galicia, don Xosé Manuel Sande representante de Unidas Podemos Coruña e Xosé Manuel Jorquera e Avia Veira concelleiros do BNG da Coruña.
Moitísimas grazas a tod@s polo voso compromiso!!!
.jpg)