Club del Mar de San Amaro marzo 2024
Convocatoria de eleccións
Conforme os Estatutos Sociais e segundo o que prescriben en Capítulo II no relativo ao goberno da Sociedade, convócase proceso electoral para a elección de Xunta Directiva, segundo o seguinte calendario:
• Luns 26 de febreiro:
Ábrese o prazo de presentación de Candidaturas. A Xunta Directiva asume a función de Comisión Electoral.
• Venres 1 de marzo:
a) 20:00 horas: Finaliza o prazo de presentación de Candidaturas.
b) Proclamación provisional das Candidaturas.
c) Confórmase a Comisión Electoral definitiva.
d) Ábrese a campaña electoral.
e) Ábrese o prazo de presentación de impugnacións.
• Luns 4 de marzo:
Publicación censo electoral con data 29 de Febreiro de 2024.
• Martes 5 de marzo:
20:00 horas: Finaliza o prazo de presentación de impugnacións.
• Xoves 7 de marzo
20:00 horas: Resolución das impugnacións.
• Sábado 9 de marzo:
Ás 20:00 horas finaliza a campaña electoral.
• Domingo 10 de marzo:
Ás 09:30 horas en primeira convocatoria e ás 10:00 en segunda, celebración da Xunta Xeral Extraordinaria. Inicio do proceso electoral, que finalizará ás 14:00 horas.
A Coruña 23 de febreiro de 2024
Asinado
D. David Iglesias Pena
PRESIDENTE
![Convocatoria de eleccións](https://clubdelmardesanamaro.com/themes/user/site/default/asset/img/blog/elecciones.jpg)