Las cookies de este sitio web se usan para personalizar el contenido y los anuncios, ofrecer funciones de redes sociales y analizar el tráfico. Además, compartimos información sobre el uso que haga del sitio web con nuestros partners de redes sociales, publicidad y análisis web, quienes pueden combinarla con otra información que les haya proporcionado o que hayan recopilado a partir del uso que haya hecho de sus servicios

Esta página web usa cookies

Las cookies de este sitio web se usan para personalizar el contenido y los anuncios, ofrecer funciones de redes sociales y analizar el tráfico. Además, compartimos información sobre el uso que haga del sitio web con nuestros partners de redes sociales, publicidad y análisis web, quienes pueden combinarla con otra información que les haya proporcionado o que hayan recopilado a partir del uso que haya hecho de sus servicios


80ª TRAVESÍA A NADO Á ENSEADA DE SAN AMARO

O domingo 29 de agosto celébrase a LXXX Travesía a Nado á Enseada de San Amaro. Logo de terse celebrado no ano 2020 a denominada 79,5 Travesía restrinxida a nadadores do clube, nesta edición seguen a estar presentes restriccións relacionadas coa pandemia do Coronavirus. A proba estará adaptada ás esixencias normativas derivada de dita pandemia polo que a característica máis significativa nesta edición serán as saídas en grupos de 10 persoas en lugar da clásica saída grupal desde a praia. Aínda así, co ánimo de misturar nivéis e categorías, os grupos de saída serán heteroxéneos.

DATA E HORA
Domingo 29 de agosto, a partir das 11:30 h. A participación será aberta e gratuita tanto para nadadores federados como non federados desde o venres 13 de agosto de 2021 na seguinte ligazón:

Web de inscripcions!


As inscricións serán pechadas o venres 27 de agosto ás 14:00 h.

CATEGORÍAS
Establécense as seguintes categorías que inclúen a súa variante masculina e feminina:
Categoría A Masculina: nados ano 2009 e posteriores
Categoría A Feminina: nadas ano 2010 e posteriores
Categoría B Masculina: nados anos 2007 e 2008
Categoría B Feminina: nadas anos 2008 e 2009
Categoría C Masculina: nados anos 2005 e 2006
Categoría C Feminina: nadas anos 2006 e 2007
Categoría D Masculina: nados anos 2003 e 2004
Categoría D Feminina: nadas anos 2004 e 2005
Categoría E Masculina: nados entre 2002 e 1980
Categoría E Feminina: nadas entre 2003 e 1980
Categoría F Masculina e Feminina: nad@s entre o 1979 e 1966
Categoría G Masculina e Feminina: nad@s ano 1965 e anteriores

As saídas poderán agruparse en función do número de participantes existentes, sen que resulten nunca máis de 10 persoas saíndo á vez.

PERCORRIDO
Nadarase nun triángulo ubicado na enseada de aproximadamente 1200 metros con saída e chegada na praia a pé, rexido polas normas da Real Federación Española de Natación.

PROTOCOLO ESPECÍFICO ANTICOVID

¡A recollida de dorsáis estará dispoñible desde as 09:00 h nas instalacións do Club del Mar de San Amaro.
¡No momento da recollida de dorsáis procederáse á toma de temperatura, quedando excluidos da competición aqueles que presenten síntomas relacionados con Covid.
Serán realizadas saídas progresivas de 10 persoas cada 20 segundos establecéndose un sistema de cronometraxe individualizado que ofrecerá un resultado final para cada categoría. A primeira saída será ás 11:30 h
Os 10 participantes da liña de saída estarán situados a 1,5 metros de distancia entre si e con máscara posta ata o aviso de saída momento no cal deberán depositar a mesma nun contedor con pedal situado para tal fin.
Finalizada a proba recollerán unha nova mascarilla que ofrecerá a organización.
Os participantes á espera de ubicarse na liña de saída deberán evitar en todo momento a formación de aglomeracións e respetar a distancia intersocial de 1,5 mts.
A organización non convoca asistencia de público para presenciar o evento, con todo disuadirá a posible aglomeración de espectadores nos espazos de saída e chegada.

TRAVESÍA LIMPA E SEGURA
A organización contará coa cobertura marítima necesaria para garantir a seguridade e o bo desenvolvemento da proba así como unha póliza de responsabilidade civil.

Antes e durante a Travesía será realizada como actividade complementaria unha limpeza do areal de San Amaro en colaboracion con WE SUSTAINABILITY. As inscrizóns para dita actividade están dispoñibles en:

Rexistro coma voluntario!

CONTROL DA PROBA
No posto de entrega de dorsáis os participantes recibirán:

Chip que será colocado no nocello
Calcomanía, que será ubicada no dorso da man dereita.

PREMIOS
Entregaránse trofeos ós tres primeros clasificados de cada categoría e PREMIOS EN METALICO ós tres primeiros clasificados absolutos, masculinos e femininos.

FINAL
O acto de inscrición supón a conformidade co presente Regulamento e a aceptación das decisións que tome a organización.

A organización resérvase o dereito de sancionar, mesmo coa exclusión da proba, calquera conduta manifestamente antideportiva co resto de deportistas e/ou cos membros da organización, ou aquela que vulnere o protocolo específico anticovid.
Permitirase o uso de neopreno a aqueles que o desexen, quedando excluídos da clasificación.
En canto aos bañadores tanto para homes como para mulleres non poderán cubrir o cóbado, nin se estenderán máis aló dos ombreiros nin por baixo dos xeonllos.
Os traxes de baño para esta competición deberán estar feitos cos mesmos requisitos aplicables ao usados en piscinas.

Redes Sociales

Te esperamos, Club del Mar, tu club en A Coruña!

Deportes, gimnasios, piscinas, acitividad dirigida y mucho más