Nota aclaratoria da última noticia
Pases temporais e acceso á cafetería
Debido ás controversias xurdidas respecto á última noticia en referencia aos pases temporais e acceso á cafetería, o Club do Mar quere aclarar que son dúas cousas diferentes:
• Decidiuse tomar a medida de que a cafetería sexa de uso exclusivo dos soci@s do Club do Mar para dar prioridade e favorecer un mellor servizo das demandas expostas por estes. Esta medida SÓ afectará os meses de verán que é a tempada alta.
• Respecto aos pases de verán para os invitados dos soci@s, o único que se fixo é actualizar os prezos de entrada.
Moitas grazas a tod@s e saúdos!!