Distinción ao mérito deportivo 2023
A Xunta de Galicia otorga ao Club del Mar esta importante distinción.
O pasado martes en Ferrol ao Club do Mar de San Amaro lle foi entregada a distinción ao mérito deportivo do ano 2023.
Distinción que foi recollida nun acto solemne polo Presidente que mais anos obstentou o cargo D. Miguel Torreiro Antón.
Estas distincións foron creadas en 2010 e son concedidas anualmente logo de proposta motivada do xurado cualificador, en recoñecemento do labor ou traxectoria, notoria e exemplar no ámbito deportivo de Galicia, ás persoas físicas ou xurídicas, entidades ou organismos, que estean contribuíndo, ou contribuísen ao crecemento, promoción, fomento e excelencia do deporte e da educación física da comunidade autónoma de Galicia.
O Club do Mar de San Amaro quere agradecer a Xunta de Galicia a concesión de tan honorable distinción.