Resumo reunión informativa domingo 8 de setembro
Reunión informativa piscina municipal
O pasado domingo 8 de setembro a Xunta Directiva procedeu a realizar unha reunión informativa cos soci@s cun asunto principal relacionado coa situación actual da Piscina Municipal de San Amaro en relación á súa concesión.
Lembrar que a Piscina Municipal de San Amaro viña sendo xestionada polo Club do Mar de San Amaro por medio dunha concesión administrativa desde a súa inauguración en 1999 ata a fin da mesma en maio de 2023.
Desde dita data a concesión polo tanto está en precario toda vez que o Concello non aplicou fórmula algunha para tratar de establecer unha posible prórroga. Non obstante o Club do Mar segue xestionando a instalación con total normalidade asumindo a oferta municipal, programando os seus cursos alternativos e, por suposto, asumindo a totalidade de custos asociados á mesma.
Si ben durante o período de xestión da concesión e logo de diversos axustes ao longo dos anos, o conxunto do complexo, é decir, Club do Mar e Piscina de San Amaro, son sostibles, o certo é que analizando os custos da piscina de forma aillada detéctase que recursos do Club do Mar destínanse a minimizar as perdas desa instalación ao longo do tempo. Ditas pérdidas están valoradas na actualidade nun promedio de 20.000 € mensuais.
Estos custos foron facturados ao Concello da Coruña con frecuencia mensual desde a fin da concesión. Logo de que durante o período maio de 2023-novembro 2023 non houbera resposta do Concello ás facturas emitidas, a Xunta Directiva anterior procedeu a denunciar a situación ante os estamentos xurídicos, situación esta que está por resolverse na actualidade.
Neste contexto, e logo dos cambios na presidencia do Clube, retómanse as conversas para tratar de dar saída a unha situación que satisfaga a ambas partes desde o punto de vista legal, económico e social. Atopar dita fórmula para unha concesión das características da Piscina Municipal de San Amaro é farto complexa toda vez que dita instalación foi concebida para ser xestionada polo Clube do Mar tras a solicitude deste de engadir unha Piscina Climatizada ao seu complexo como contraprestación polo afectación das obras do paseo marítimo acontecidas no ano 1994 froito das cales o Club sufriu anos de precariedade.
Na actualidade o Concello está a avaliar diferentes alternativas para licitar a vindeira concesión administrativa da piscina. A Xunta Directiva informa de que a situación de momento está en estudio e que nas conversas futuras co Concello da Coruña ao respecto prevalecerá defender os intereses xeráis do Club do Mar de San Amaro e dos seus socios por riba de todo.
Aproveitando a convocatoria de reunión foi exposta tamén a situación económica provisional do exercicio. O estado actual das contas pode ser solicitado pol@s soci@s nas oficinas da sociedade.
Ademáis informouse das novidades máis relevantes na oferta deportiva de cara á tempada 2024-25:
Ximnasios:
Presenza de monitor asistente en ximnasio en todo seu horario de apertura entre luns e venres
En proceso de valoración a incorporación de presencia de monitor asistente de cara a outubro para a fin de semana.
Actividade en Sala:
Incorporación de novas actividades xunto á oferta de actividades abertas incluidas na oferta de setembro:
En forma maiores 55
Cross-Club
RAI (resistencia de alta intensidade)
Bailes de Salón
Bailes Latinos
Incorporación de Pilates Studio (máquinas)
A actividade de Pilates incrementou a súa actividade diversificando entre Pilates Mat (chan) e Pilates Studio (máquinas) logo da incorporación de tres Reformers con torre e tres Combo chair e o acondicionamento dunha nova sala para esta especialidade.
Cycling:
Incorporación de once novas bicicletas que serán entregadas próximamente
Incremento de horas de Cycling presencial na oferta de actividades abertas tanto en horario de mañán como de tarde
Boxeo:
En proceso de valoración o incremento de tres horas semanáis máis á semana na franxa dos luns de 19:00 a 22:00 h
Defensa Persoal:
O sábado 7 de setembro celebrouse unha clase promocional de esta disciplina que será incorporada á oferta de actividades a partir do mes de outubro os sábados ás 12:00 da mañán.
Iniciación ao adestramento de forza en adolescenes:
Orientada a usuari@s da franxa de idade entre 14 e 16 anos que queiran introducirse no adestramento nos ximnasios
Oferta mes de outubro:
Nestes días estáse procedendo á convocatoria das actividades que se inician no mes de outubro:
Oferta en sala:
Vida San
Gravity
Escolas Deportivas:
Patinaxe
Bádminton
Tenis de Mesa
Fútbol Sala
Piscina:
Cursos trimestrais para nenos de 0-2 anos, 3-5 anos e 6-13 anos
Cursos trimestrais de adultos de Iniciación, Perfeccionamento e Aquagym
Recupérase a oferta dos sábados con cursos trimestrais para nenos de 0-2 anos, 3-5 anos e 6-13 anos
Actividade aberta:
A actividade aberta será tamén aumentada no mes de outubro.
Coro:
Tamén para o mes de outubro será aberto o prazo de matrículas para o Coro do Club do Mar
Toda a información relacionada coa actividade está dispoñible na páxina web do club: www.clubdelmardesanamaro.com no seu apartado Reservas on line.
Para recibir información e noticias da entidade poden unirse ao canal de whatsapp engadindo o número 689343026 e enviando un whatsapp coa palabra ALTA."