Las cookies de este sitio web se usan para personalizar el contenido y los anuncios, ofrecer funciones de redes sociales y analizar el tráfico. Además, compartimos información sobre el uso que haga del sitio web con nuestros partners de redes sociales, publicidad y análisis web, quienes pueden combinarla con otra información que les haya proporcionado o que hayan recopilado a partir del uso que haya hecho de sus servicios

Esta página web usa cookies

Las cookies de este sitio web se usan para personalizar el contenido y los anuncios, ofrecer funciones de redes sociales y analizar el tráfico. Además, compartimos información sobre el uso que haga del sitio web con nuestros partners de redes sociales, publicidad y análisis web, quienes pueden combinarla con otra información que les haya proporcionado o que hayan recopilado a partir del uso que haya hecho de sus servicios


Prazas adxudicadas Escolas Deportivas Municipais curso 2022-23

O prazo de matriculación abre este luns 26 de setembro

O prazo de matriculación abrirase este luns, 26 de setembro e, no caso das Escolas Deportivas Municipais xestionadas directamente polo Concello, a formalización de pagamento da taxa (en efectivo ou con tarxeta) ata o día 30 de setembro, acudindo ao Pazo dos Deportes de Riazor, a Cidade Deportiva da Torre - Arsenio Iglesias ou ao pavillón polideportivo do Barrio das Flores. Ademais, é imprescindible concertar unha cita por cada matrícula que se queira tramitar.

No caso das Escolas Deportivas Municipais que se imparten nos complexos deportivos de San Diego e de San Amaro, o pagamento deberá levarse a cabo, nas mesmas datas, nas súas instalacións e no horario de apertura que teñan establecido, en efectivo ou con tarxeta. En todo caso, é imprescindible aboar a taxa antes de acudir á actividade.

As listaxes de agarda

Ademais da listaxe definitiva de adxudicación para as novas prazas das Escolas Deportivas Municipais 2022-23, o Concello da Coruña tamén emitiu hoxe a listaxe de agarda en caso de hipotéticos movementos e cancelacións na listaxe definitiva.

As e os solicitantes que se atopen na listaxe de agarda poderán obter unha praza cando non se matricule algunha das persoas que a obtiveron en primeira instancia. Realizaranse dous movementos da listaxe de agarda que se publicarán na páxina web Deportes Coruña e nos taboleiros de anuncios das instalacións deportivas:

1º movemento da listaxe de agarda:
Publicación das persoas da listaxe de agarda que obtiveron praza despois do primeiro movemento da listaxe: 4 de outubro, a partir das 14.00 horas.
Formalización da matrícula das persoas que se atopen nesta situación realizarase: do 5 ao 14 de outubro, presentando a documentación correspondente.

2º movemento da listaxe de agarda:
Publicación das persoas da listaxe de agarda que obtiveron praza despois do segundo movemento da lista: 14 de outubro, a partir das 14.00 horas.
Formalización da matrícula das persoas que se atopen nesta situación: do 17 ao 21 de outubro, presentando a documentación correspondente.


Prazas adxudicadas Escolas Deportivas Municipais curso 2022-23


Listado admitidos 0 - 2 anos

Listado admitidos 3 - 5 anos

Listado admitidos 6 - 13 anos

Listado admitidos iniciación adultos

Listado admitidos perfeccionamiento adultos

Listado admitidos Aquagym

Redes Sociales

Te esperamos, Club del Mar, tu club en A Coruña!

Deportes, gimnasios, piscinas, acitividad dirigida y mucho más