II Campus de Fútbol Sala Club del Mar de San Amaro
Este pasado mes de agosto celebrouse no pavillón do Club del Mar o campus de fútbol sala onde os rapaces gozaron de catro semanas de diversión e moito, pero que moito fútbol sala.
Ao final, os pequenos futbolistas recibiron unhas medallas e camisetas pola participación e o bo facer no campamento, mentres que os maiores levaron unhas sudaderas.
Moitas grazas a todos os participantes, aos adestradores e a todos os que fixeron posible este campus.
Noraboa!!