Acceso ás instalacións do Club del Mar
Desde mañá martes 19 de abril o acceso as instalación do Club del Mar será da seguinte maneira.
Debido á controversia no acceso ás instalacións do Club, e máis concretamente de acompañantes de socios que non teñen a calidade de cónxuxes e beneficiarios.
A Xunta Directiva lembra:
En virtude do art.38 dos estatutos da sociedade, será esta xunta quen determine o acceso ás instalacións así como a seguridade nas mesmas.
É por iso que desde o vindeiro martes 19 de abril, NON poderán entrar nas instalacións do club ningunha persoa que non teña a condición de socio, beneficiario ou cursillista fóra da autorización expresa e por escrito da Xunta Directiva.
Para iso calquera socio que o pedise, terá que efectualo en día laborable nas oficinas do club, mediante escrito dirixido á xunta argumentando na petición o motivo, número de persoas así como os seus datos persoais (nome ,apelidos e DNI).