Presentación do libro: “Na escuridade das ondas”
Fernando Patricio Cortizo
Este vindeiro venres 4 de outubro ás 20:00 horas no salón de actos do Club del Mar de San Amaro, Fernando Patricio presentará a súa última obra escrita "Na escuridade das ondas" homenaxe aos tripulantes do arrepiante naufraxio do pesqueiro La Isla, acontecido no 1970 aos pés da Torre de Hércules.
Lembro de ben rapaz escoitar falar do arrepiante naufraxio do pesqueiro La Isla, acontecido no 1970 aos pés da Torre de Hércules. Os veciños das Lagoas foron os primeiros en dar a voz de alarma. Sí se salvou un home dos quince que ían a bordo.
O porto da Coruña era daquela o primeiro en descargas de peixe fresco de Europa, mais contrastaba coa inexistencia na propia cidade herculina de medios de salvamento marítimos e aéreos para auxiliar aos náufragos, o que derivou nun estourido de carraxe e indignación social como nunca antes de vira en Galicia.
A traxedia deste pesquero herculino provocou que tres anos despois do seu afundimento se instalase na Coruña a primeira base da Cruz Vermella do Mar en España, a cal se dotaría coa primeira embarcación de rescate autoadrizable do Estado e, ao mesmo tempo, que chegase ao aeroporto de Alvedro o primeiro helicóptero do SAR de todo o norte peninsular. Tamén, grazas ao GRAS, formado por mergulladores do Clube do Mar de San Amaro, unidos inherentemente a este naufraxio, nacería o xérmolo do que serían anos despois as GEAS no seo da Garda Civil.
Tras coñecer de preto as vidas dos quince tripulantes e as das súas respectivas familias, que me abriron as portas das súas casas e compartiron conmigo as súas vidas, humildemente, daríame por satisfeito se este traballo servise para outorgar a relevancia que realmente merecen os seus protagonitas neste fito clave da historia marítima do noso país.
O 4 de outubro de 2020 cumpríase o 50º aniversario desta traxedia marítima, e un grupo de asociacións e entidades organizámoslles ás familias dos náufragos unha sentida homenaxe na Coruña.
A tripulación do pesqueiro La Isla non morreu en van. Somos salitre.
Fernando Patricio Cortizo
Estades tod@s convidados!!!