LXXXIII Travesía a Nado á Enseada de San Amaro
Vindeiro domingo 25 de agosto ás 12:00 horas
O vindeiro domingo 25 de agosto ás 12:00 horas celébrase a LXXXIII Travesía a Nado á Enseada de San Amaro que conta con preto de 375 inscritos. A proba este ano ten o seu formato habitual caracterizado por unha saída e percorrido en triángulo único para todos os participantes, ubicado na enseada, de aproximadamente 1200 metros. Este ano conta coa novidade da chegada en auga en arco de meta flotante con saída desde a praia a pé, rexido polas normas da Real Federación Española de Natación. Na proba permitirase o uso de neopreno a aqueles que o desexen, quedando excluídos da clasificaión final.
Establécense as seguintes categorías que inclúen a súa variante masculina e feminina:
Categoría A Masculina e Feminina: nad@s ano 2013 e posteriores
Categoría B Masculina e Feminina: nad@s anos 2011 e 2012
Categoría C Masculina e Feminina: nados anos 2009 e 2010
Categoría D Masculina e Feminina: nad@s anos 2006, 2007 e 2008
Categoría E Masculina e Feminina: nad@s entre 1984 e 2005
Categoría F Masculina e Feminina: nad@s entre o 1983 e 1969
Categoría G Masculina e Feminina: nad@s ano 1968 e anteriores
A organización contará coa cobertura marítima necesaria para garantir a seguridade e o bo desenvolvemento da proba así como unha póliza de responsabilidade civil.
No posto de entrega de dorsáis os participantes recibirán:
Chip que será colocado no nocello.
Calcomanía, que será ubicada no dorso da man dereita.
Entregaránse trofeos ós tres primeiros clasificados de cada categoría e premios en metálico ós tres primeiros clasificados absolutos, masculinos e femininos.
Moita sorte a tod@s!!