Las cookies de este sitio web se usan para personalizar el contenido y los anuncios, ofrecer funciones de redes sociales y analizar el tráfico. Además, compartimos información sobre el uso que haga del sitio web con nuestros partners de redes sociales, publicidad y análisis web, quienes pueden combinarla con otra información que les haya proporcionado o que hayan recopilado a partir del uso que haya hecho de sus servicios

Esta página web usa cookies

Las cookies de este sitio web se usan para personalizar el contenido y los anuncios, ofrecer funciones de redes sociales y analizar el tráfico. Además, compartimos información sobre el uso que haga del sitio web con nuestros partners de redes sociales, publicidad y análisis web, quienes pueden combinarla con otra información que les haya proporcionado o que hayan recopilado a partir del uso que haya hecho de sus servicios


Festa do Deporte Club del Mar de San Amaro 2024

Deportistas galardonados

No día de onte reunímonos como todos os anos, para facer distinciónr aos mellores deportistas das seccións, mérito conseguido polo seu esforzo talento e dedicación e que son un bo exemplo para todas e todos os nosos rapaces que poden comprobar que con ahínco e tesón non hai metas inalcanzables.

Todos os deportistas e adestradores recibiron un diploma acreditativo polo seu esforzo durante a tempada e un llavero feito para la ocasión.

Os premios foron entregados por membros da Xunta Directiva do Club do Mar de San Amaro.

Neste ano 2024 os galardonados foron:

Mellor deportista Sección de Bádminton Club do Mar de San Amaro 2023-24

Sara del Castillo Ramos

Pola súa traxectoria no club e no equipo de bádminton, ao que pertence desde a máis temperá idade cando adestraba nas escolas.
Desde esa etapa evolucionou ata chegar a Pontevedra e ir como bolseira ao Centro Galego de Tecnificación Deportiva onde se encontra nestes intres.
No ano 2023 foi medalla de ouro en dobres femininos neste derradeiro Campionato de España Sub 15, convocada coa selección galega e nacional e triple medallista no Internacional de Bernálmádena. Acaba de acadar o ouro no Cto de España por Seccións Autonómicas.


Mellor deportista Sección de Fotografía Submariña Club do Mar de San Amaro 2023-24

Manuel Blanco Ventureira e Jose Ángel López Orosa.

Subcampións galegos ao conseguir o 1º posto no 2º Fotosub Concello de Fene, o 3º posto no Fotosub Cidade de A Coruña XIV Memorial Fernando Torreiro e o 3º posto no Campinato Galego de Fotosub.
Clasificados para o Campionato de España Nafosub 2023 de Lanzarote obtendo a 14ª posición incluindo en 5 das 6 categorías exixidas unha fotografía no top 10.


Mellor deportista Sección de Fútbol Sala Club do Mar de San Amaro 2023-24

Iago Abilleira Rama

Pola súa dedicación, esforzo e compromiso durante todos estos anos no equipo de fútbol sala do Club del Mar de San Amaro, sendo un exemplo a seguir para os seus compañeiros.


Mellor deportista Sección de Natación Club do Mar de San Amaro 2023-24

María Terceiro Delgado

En verbas do seu adestrador: “Unha honra entregar esta distinción a unha nadadora tan talentosa e dedicada. O teu esforzo na piscina vese reflectido cos logros que conseguiches e hoxe coróaste como unha verdadeira campioa. Que este premio sexa un recordatorio da túa valía e de todo o que es capaz de lograr. Moitas felicidades pola teu merecido recoñecemento!


Mellor deportista Sección de Bádminton Club do Mar de San Amaro 2023-24

Noa Fernández López

Empezou neste deporte aos 6 anos participando en numerosos concursos infantís logrando pódiums e conseguindo bos resultados en competicións oficiais.
Subcampiona galega de pesca fondeada en 2021
Terceira clasificada campeonato galego ano 2022
Quinta clasificada campionato galego 2023
Convocada para o vindeiro Campionato de España xuvenil de pesca fondeada 2024


Mellor deportista Sección de Pesca Submariña Club do Mar de San Amaro 2023-24

Andrés Pita González

Pola súa labor como delegado da sección ao frente dos Coidades de A Coruña e torneos sociais de Pesca Submariña organizados polo club ademáis de acadar recentemente o cuarto posto no Campi9onato de España e sendo unha das figuras máis representativas da pesca submariña galega.


Mellor deportista Sección de Tenis de Mesa Club do Mar de San Amaro 2023-24

Sergio Pérez Fandiño

Polo seu compromiso e axuda na sección, non só sendo delegado da mesma durante varios anos, senon tamén colaborando con toda a xente sempre que puido, facendo de adestrador, sparring, compañeiro, conselleiro e amigo.
Ensinounos que alguén tan xove coma el é capaz de adquirir responsabilidades importantes, tomar decisións difíciles, escoitar e razoar en conversas complicadas, enfrontar retos deportivos e persoais, estudar, traballar e todo isto ao mesmo tempo.
Moitas grazas por ter estado aí e por continuar entre nós.

Mencións especiais

Pesca fondeada: Alberto Fernández López

Quinto clasificado no campionato de España categoría xuvenil 2022
Subcampión de España en campionato Nacional categoría xuvenil 2023
Convocado para el próximo Campionato de España xuvenil de pesca fondeada 2024
Participará en representación del CLUB DEL MAR coa Selección Española no vindeiro mundial 2024 a celebrar en Irlanda


Fútbol Sala: Juan Amaro Barreiro, César Estraviz Salinas e Roberto López Barral

Pola súa traxectoria e compromiso ao longo de todos estos anos coa sección.


Mellores deportistas 2024

Teresa Carrasco Bieito

Campiona dos preestatáis, Campionatos Galegos e do Campionato de España de Seleccións Autonómicas.
Participou coa Selección Nacional en diversos Torneos Internacionais.
Subcampiona de España por equipos con España no torneo interterritorial e no europeo Sub 13.
73% de victorias en Liga Nacional.
Cartofinalista en dobres mixtos no Europeo Sub13.

Inés Poncela Peteiro

Polos seus recentes éxitos internacionais individuais neste ano 2024, ouro no Vitor Jot de Bélgica e bronce no Yonex Refrath de Alemania situándoa como número 1 de Europa en categoría Sub 15 individual ademáis de alzarse co ouro en dobres femininos no último Campionato de España 2023, ouro nos dous últimos máster nacionais , convocada coa selección galega e nacional, bronce no CESA coa Selección Galega, 4 veces consecutivas campiona galega e futura bolseira do CGTD.


Traxectoria Deportiva

Escola de Mergullo do Club del Mar de San Amaro

A Escola de Mergullo do Club do Mar de San Amaro foi fundada no 1968 sendo a máis antiga de Galicia e a segunda máis antiga de España. No 2018 celebróu as súas bodas de ouro nun evento no que foi homenaxeado o seo fundador Roberto Diehl cuio nome levou a escola durante moitos anos. Neste período arredor de 4000 alunos pasaron por San Amaro para aprender as técnicas de mergullo.
Ademáis a Escola de Mergullo do Club do Mar de San Amaro foi pioneira nas accións de rescate no mar formando ás primeiras xeracións de mergulladores profesionais neste ámbito.
Roberto Diehl foi relevado como Director da Escola por Fernando Seoane ate o seu falecemento en 2020. O Director da Escola de Mergullo actualmente é Jaime Ferreira.


Moitísimas felicidades a tod@s e grazas por esta gran tarde!!!

Redes Sociales

Te esperamos, Club del Mar, tu club en A Coruña!

Deportes, gimnasios, piscinas, acitividad dirigida y mucho más