Comisión para a reforma dos Estatutos do Club del Mar de San Amaro
Proceso para poder participar.
Informamos a todas as persoas asociadas de número que, a Xunta Directiva, abre prazo para apuntarse e formar parte dunha comisión na que se debaterá unha reforma profunda para uns novos estatutos.
O prazo será ata o vindeiro martes 26 de setembro ás 20:00 horas. A comisión estará formada por un máximo de 5 ou 6 persoas.
Debe de facerse por rexistro nas oficinas do club.
Alberto Santalla, Presidente do Club del Mar de San Amaro.