Xurxo Souto e a lenda: “Amaro Navegante”
Acto na Praia de San Amaro para rememorar as historias de Amaro Navegante.
Onte as 12 da mañá, Xurxo Souto organizou un acto na Praia de San Amaro para rememorar as historias de Amaro Navegante. Esta e a data que debe perdurar no tempo para cada 15 de xaneiro facer esta xuntanza chea de sentimentos, xente de todas as idades que aman o barrio, a súa infancia e recordos nos fan voltar a cando eramos nenos... eso é fermoso. A Fonte do Picho, a capela de Santo Amaro, o cemiterio dos moros, Lugrís, Aurelio Aguirre, as merendiñas, o regó da serpe e un sin fin de conversas que tivemos onte nunha mañá maravillosa. Dende o Club do Mar queremos insistir unha vez máis que as tradicions, costumes, o respeto á historia e a os nosos maiores debe estar sempre presentes e o día que nos falte Xurxo Souto, que esperemos que sexa dentro doutros 56 anos polo menos, os rapaces e rapazas do barrio sigan e collan o testigo para continuar as lendas cada 15 de xaneiro.
Medre Amaro Navegante!!