Las cookies de este sitio web se usan para personalizar el contenido y los anuncios, ofrecer funciones de redes sociales y analizar el tráfico. Además, compartimos información sobre el uso que haga del sitio web con nuestros partners de redes sociales, publicidad y análisis web, quienes pueden combinarla con otra información que les haya proporcionado o que hayan recopilado a partir del uso que haya hecho de sus servicios

Esta página web usa cookies

Festa do Deporte 2022

A festa veu marcada por unha reivindicación: «A concellería de Deportes ten a piscina municipal San Amaro en precario, solucións xa»

A nosa tradicional Festa do Deporte, este ano 2022, veu marcada baixo un lema e unha reivindicación «A concellería de Deportes ten a piscina municipal San Amaro en precario, solucións xa». Máis de 200 socias e socios do Club do Mar de San Amaro reunímonos na praza de María Pita para reivindicar á concellería que cumpra coas súas obrigacións na piscina municipal de San Amaro.

Posteriormente, xa no Club do Mar, fíxose entrega dos galardóns aos mellores deportistas do ano que esta vez recaeron en:

• Sección Bádminton: Sira Vila Caridade.
• Sección Fútbol sala: Jose Manuel Pérez González.
• Sección Natación: Antón Cillero García.
• Sección Pesca Fondeada: Jorge Vega Sanjuás.
• Sección Pesca Submarina: Andrés Fernández Fernández.
• Sección Tenis de Mesa: Teresa Carrasco Vieito.
• Mellores Deportistas do Club do Mar 2022: Equipo de Fútbol sala Infantil e Equipo de Tenis de Mesa de División de Honra.
• Premio á Traxectoria Deportiva (mención póstuma): Fernando Seoane Prado, recolleu o premio o director da escola de buceo Jaime Ferreira.
• Premios a socios colaboradores: Jose Manuel Pérez Nieves, Luís Pedro (Perico) e Julia María Martínez.

Parabén a todas e todos os premiados e moitas grazas polo voso compromiso co noso club.

Lembramos que temos para este domingo 24 de xullo unha xunta xeral extraordinaria (ás 11.00 horas en primeira convocatoria e ás 11:30 horas en segunda). A orde do día recolle dous puntos, a achega dunha cota extraordinaria e o peche da piscina municipal.

Forza San Amaro!!!

Redes Sociales

Te esperamos, Club del Mar, tu club en A Coruña!

Deportes, gimnasios, piscinas, acitividad dirigida y mucho más