Las cookies de este sitio web se usan para personalizar el contenido y los anuncios, ofrecer funciones de redes sociales y analizar el tráfico. Además, compartimos información sobre el uso que haga del sitio web con nuestros partners de redes sociales, publicidad y análisis web, quienes pueden combinarla con otra información que les haya proporcionado o que hayan recopilado a partir del uso que haya hecho de sus servicios

Esta página web usa cookies

Las cookies de este sitio web se usan para personalizar el contenido y los anuncios, ofrecer funciones de redes sociales y analizar el tráfico. Además, compartimos información sobre el uso que haga del sitio web con nuestros partners de redes sociales, publicidad y análisis web, quienes pueden combinarla con otra información que les haya proporcionado o que hayan recopilado a partir del uso que haya hecho de sus servicios


Resultados LXII Campionato Galego Pesca Submariña 2022

Jacobo García Fernández do Club Subacuático Sotavento ouro absoluto.

O Campionato Galego de Pesca Submarina 2022 organizado polo Club del Mar de San Amaro, celebrouse esta pasada fin de semana 4 e 5 de xuño en augas coruñesas nas modalidades Absoluta, Sub 23 e Veteranos. O primeiro día do campionato, contou con escasas capturas mentres que o domingo melloraron notablemente. Os lánguidos, pintos e maragotas, foron as especie predominantes nas pesadas do torneo.

A proba absoluta gañouna Jacobo Fernández García do Club Subacuático Sotavento que conseguiu un total de 34 capturas, 32 válidas (40.410 gr) logrando así un total de 82.410 puntos. A segunda posición foi para Elías Villar Mendiña tamén do Sotavento mentres que a terceira praza foi para Adrián do Río García do Club de Remo San Felipe.
A peza maior foi para Alejandro Acosta Lapuente, unha robaliza de 3.800 gr.

En categoría feminina Isabel Arroio Crespo do Club Subacuático Pérez-Sub foi a gañadora con 6 capturas, 2 válidas (2.210 gr) e un total de 5210 puntos. O segundo posto foi para a súa compañeira de club Sandra Osorio Arca seguida de Vrga García Braña do ADC Raspa.
A peza maior obtívoa Sandra Osorio Arca cun Peixe Ballesta de 1.230 gr.

En Sub 23 Estevo Capelán Varela do CAS Nauga alzouse co ouro, obtendo 11 capturas, 9 válidas (11.790 gr) e 22.790 puntos. A bastante distancia quedaron Andrés Fernández Fernández do Club do Mar de San Amaro e Guilleromo Ferreiro Filgueira tamén do CAS Nauga.
A peza maior foi para o vencedor da categoría cun pinto/ maragota de 2.110 gr.

En veteranos, Antonio González Barreiro do Club Subacuático Pérez-Sub e con 8 capturas, 7 válidas e 16.920 puntos empolicouse na primeira posición, sendo subcampión Segundo Morante García-Patrón tamén do Club Subacuático Pérez-Sub e terceiro Juan José Díaz-Blanco Santos do Club do Mar de Ferrol.
A peza maior foi para Diego Manuel Vázquez Santamariña, do Club do Mar cun pinto/ maragota de 2.940 gr.

Os resultados dos pescadores do Club do Mar foron os seguintes:

Categoría absoluta:
Andrés Pita 5º clasificado con 23 capturas, 19 válidas (25.430 gr) e un total de 48.430 puntos.

18º Ernesto Sobrino Marfull, 13 capturas, 10 válidas (15.140 gr) e 27.140 puntos.

Categoría Sub 23:
2º Andrés Fernández Fernández, 4 capturas todas elas válidas (4.930 gr) e 9.930 puntos.

Veteranos:
4º clasificado Diego Manuel Vázquez Santamariña, 6 capturas, 4 válidas (6.490 gr) e 11.490 puntos.

Ao finalizar o evento doáronse todas as capturas á Cociña Económica da Coruña.



Resultados Campionato Galego Pesca Submariña 2022

Redes Sociales

Te esperamos, Club del Mar, tu club en A Coruña!

Deportes, gimnasios, piscinas, acitividad dirigida y mucho más