Campamentos de verán Club do Mar de San Amaro
4 a 6 e 7 a 13 anos.
Curso V Campamento Infantil de verán Club del Mar
Campamento de verán enfocado ao recreo e á toma de contacto co deporte a través de propostas lúdicas.
Para nenas e nenos de 4 a 6 anos. Pasarán uns días gozando de actividades lúdico - deportivas o aire libre ademáis de talleres de manualidades e xogos para as súas idades. Adaptamos todas as nosas actividades segundo o desenvolvemento dos nenos.
Terán todo o necesario para que sexa un campamento 10!
Curso XXII Campus Multideportivo de Verán Club del Mar
Campamento de verán enfocado á práctica de deportes variados e diversas actividades culturáis e recreativas.
Ofrecemos as mozas e mozos unha boa educación deportiva e persoal baseándonos en valores básicos coma o compañerismo e o respecto. Xogos, deporte e diversión para nenas e nenos entre os 7 e os 13 anos, unha ampla oferta lúdica apoiadas pola experiencia e bo facer dos nosos monitores.
Animámosvos a que os vosos fillos participen e gocen de todas as actividades que o teu club ofrece.
Teus fillos vivirán un verán inesquecible!!
Inscricións a partir do 18 de maio. Máis información clicando na seguinte ligazón aquí