Aviso: peche cafetería
Peche da cafetería e medidas a tomar pola Xunta Directiva.
Ante o peche unilateral do servizo de hostalería levado a cabo pola mercantil PAREDES MOURIZ, S.L, alegando motivos totalmente ilícitos e faltando á verdade, e así mesmo a tenor dos reiterados incumprimentos do contrato subscrito co CLUB DO MAR, e a pesar dos numerosos requirimentos efectuados á citada mercantil que non tiveron resposta, vémonos na obrigación de levar a cabo as medidas legais oportunas en defensa dos intereses do CLUB DO MAR e dos seus socios e socias, para o que se deron instrucións aos servizos xurídicos para que as implementen no menor tempo posible as mesmas, esixindo as responsabilidades oportunas.
Entre tanto mantemos o noso servizo de ambigú no bar pirata situado no salón social.
Asinado
A Xunta Directiva